"Outono entrante, uvas abundantes"
De quen sería o cadro? aquí abaixo hai algo...unha firma! a ver de quen é...
"O acio de uvas" de MARUJA MALLO!
Descubrimos que ten unha firma mooooi orixinal coa que asina todos os seus cadros.
Na clase esperábanos outra sorpresa... uvas de verdade!!
Venres de froita... este venres... uvas!

Observámola: é redondiña, morada, escura e algo pequena...

Escoitámola: non fai ruído, pero si a apertamos un pouquiño si! para escoitar isto é preciso estar moi, moi concentrado e calado...

Tocámola: é moi lisa, e... que suave!

E por fin... saboreámola! Sabe doce....

Boísimas!😋
No hay comentarios:
Publicar un comentario