Pasou o verán e volvemos ó cole! Xa estamos aquí preparados e listos para emprender un ano cheo de cousas novas: aventuras, momentos compartidos, desafíos...
Atrás deixamos a clase de 3 anos, e con ela tamén unha parte de nós!
Mudámonos para o piso dos maiores... xa temos 4 anos!
Temos que contarvos que foi un comezo... con sorpresa!😃👏
Sabedes que a nosa clase de 4 anos B este ano ten nome propio?
Un nome de muller:
MARUJA MALLO
Custounos un pouco ordenar o contexto, saber que significaba aquelo co que nos atopamos ó chegar (botes de pintura, paleta de cores, cabalete, pinceis...) pero coa axuda da bruxa PELUXA, a nosa mascota deste curso, que nos deixou unhas instruccións a seguir, foi máis doado do que parecía!
Transcribimos entre todos letra a letra dende o cartel da porta ó encerado. Despois, coa axuda da mestra lémolo. E dende alí, transcribímolo unha vez máis ó ordenador para poñerlle cara...
M- A - R - U - J - A M- A -L -L -O...
unha pintora galega moi importante totalmente descoñecida para nós:
o reto está servido!
No hay comentarios:
Publicar un comentario