lunes, 25 de febrero de 2019

Comeza o Entroido!!

Collendo como referencia á nosa persoeira, a pintora MARUJA MALLO, fixemos a nosa particular acollida a esta semana de Entroido que comeza hoxe. 

Para iso, de entre as varias MÁSCARAS que pintou...


Eliximos esta: "MÁSCARA CON BOLBORETAS", porque foi a que máis nos agradou!


                                Resultado de imagen de mascaras maruja mallo con mariposas


 E así...  fixemos a nosa particular réplica, que vos recibe na porta da nosa aula. 





                                                           


Que viva o Entroido!




       


viernes, 22 de febrero de 2019

"Adiós ríos, adiós fontes..." - 5º Ed. Infantil

O vindeiro domingo 24 de febreiro, celébrase o 182º aniversario do nacemento da escritora galega, Rosalía de Castro. Aquí deixamos a nosa homenaxe. 

lunes, 4 de febrero de 2019

30 de xaneiro de 2019 / Día da Paz - 4 anos B


O pasado 30 de xaneiro festexamos conxuntamente con todos os nosos/as compañeiros/as do colexio o Día Mundial da Paz e da non Violencia, cantando e bailando a canción "Con otros" de Manu Escudero.
A verdade, é que lle puxemos moitas ganas ós nosos ensaios!




Ademais, a semana previa a este día, fixemos as nosas pombas da Paz e entre todos elaboramos un listado de propósitos que nos comprometemos a cumprir para conseguir Paz ó noso redor...

"Moitas persoas facendo pequenas cousas poden cambiar o mundo"