miércoles, 26 de febrero de 2020

Carnaval, carnaval...

Un ano máis, o espírito do Entroido invadiu as aulas, os corredores... e contaxiounos a todos de alegría e ganas de pasalo ben! 




 E obedecendo as ordes do Meco, seguimos o dito:

"Cando a festa veña... cada quen luza o que teña" 

¡¡¡A disfrutar!!

  • LUNS - Deportistas


  • MARTES - De gala

  • MÉRCORES - Animais

  • XOVES - Pixamas

  • E o VENRES... ¡¡Festa de Entroido!!







Aproveitamos a ocasión para despedir a Andrea, a profe en prácticas que compartiu con nós algúns momentos ó longo deste trimestre.


 

 

   Moitas grazas Andrea,  
¡desexámoche o mellor!


domingo, 2 de febrero de 2020

Día da PAZ

Luvi, a mascota da nosa biblioteca, suxeriunos un conto moi especial para traballar o Día da Paz:
 "PALABRAS CON CORAZÓN"


Foi un conto que nos gustou moitísimo, porque decía cousas moooooi interesantes... e tamén, mooooi  importantes... 


"Las palabras que entran por tus oídos, pueden llegarte justo al corazón...esa pequeña parte en tu interior, que te hace ser como eres" 

"Las palabras tienen un gran ¡PODER! Pueden cambiar por completo lo que una persona siente en su corazón"

Así que nos puxemos mans á obra: pensamos en palabras "con corazón" que farían sentir ben a aquel que as escoitase, e ... palabras "sin corazón", que conseguirían o efecto contrario...  Ademáis, tiñamos que elexir unha palabra con corazón para o mural que faríamos con todos os nosos compañeiros de Infantil... 

Pois ben... aquí tedes o resultado😊💓...