Onte os nenos/as de 4 anos tivemos a nosa primeira saída, fomos ó auditorio da cidade a ver a obra de teatro "GUYI- GUYI".
Queredes coñecer a historia?? Pois ben, Guyi-guyi é un crocodilo moi simpático que nace dun ovo que unha mamá pata acolle no seu niño. Como sempre está con patos, Guyi - guyi pensa que é un, así que fala coma eles, nada como eles... ata que un día se cruza cun auténtico crocodilo que o fai dubidar... Guyi-guyi non pode parar de pensar: son un pato.... ou un crocodilo????
Queredes saber como remata este asunto? Guyi-guyi descobre que é un pouco de todo, é un crocodilo pero tamén é un pouco pato, así que decide que a partir deste momento será un feliz... COCOPATO!
Gustounos moito e pasámolo xenial!
No hay comentarios:
Publicar un comentario