Hoxe pola mañá, os nenos e nenas de 3 anos, subimos á última planta do centro onde se atopa a biblioteca, debido a que os mozos e mozas de 4º da E.S.O. preparáronnos unha actividade moi divertida a propósito do día do libro.
Sentados todos/as no chan e de maneira individual, contáronnos moitos contos. Que sorte! Co que nos gustan os contos a nós.
Tratáronnos con moito cariño, recibimos abrazos, bicos e, ademais, non nos parabamos de rir. Son moi divertidos/as!
Gracias mozos e mozas de 4º por regalarnos este anaquiño do voso tempo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario