lunes, 8 de octubre de 2018

Comezamos! 4 anos B - MARUJA MALLO.


Pasou o verán e volvemos ó cole! Xa estamos aquí preparados e listos para emprender un ano cheo de cousas novas: aventuras, momentos compartidos, desafíos... 
Atrás deixamos a clase de 3 anos, e con ela tamén unha parte de nós!
Mudámonos para o piso dos maiores... xa temos 4 anos!

Temos que contarvos que foi un comezo... con sorpresa!😃👏


  

Sabedes que a nosa clase de 4 anos B este ano ten nome propio?


Un nome de muller:

MARUJA MALLO



Custounos un pouco ordenar o contexto, saber que significaba aquelo co que nos atopamos ó chegar (botes de pintura, paleta de cores, cabalete, pinceis...) pero coa axuda da bruxa PELUXA, a nosa mascota deste curso, que nos deixou unhas instruccións a seguir, foi máis doado do que parecía!

Transcribimos entre todos letra a letra dende o cartel da porta ó encerado. Despois, coa axuda da mestra lémolo. E dende alí, transcribímolo  unha vez máis ó ordenador para poñerlle cara... 




M- A - R - U - J - A     M- A -L -L -O... 
unha pintora galega moi importante totalmente descoñecida para nós:
o reto está servido!

No hay comentarios:

Publicar un comentario