viernes, 19 de octubre de 2018

Venres, día da froita...UVAS!

"Outono entrante, uvas abundantes" 

Cando chegamos o cabalete tiña algo diferente... un cadro dunhas uvas! 
                                                 

De quen sería o cadro? aquí abaixo hai algo...unha firma! a ver de quen é...

"O acio de uvas" de MARUJA MALLO!
Descubrimos que ten unha firma mooooi orixinal coa que asina todos os seus cadros.



Na clase esperábanos outra sorpresa... uvas de verdade!!

Venres de froita... este venres... uvas! 





 Cheirámola: que ben arrecende...



Observámola: é redondiña, morada, escura e algo pequena... 

 
Escoitámola: non fai ruído, pero si a apertamos un pouquiño si! para escoitar isto é preciso estar moi, moi concentrado e calado...


Tocámola: é moi lisa, e... que suave!

E por fin... saboreámola! Sabe doce.... 



Boísimas!😋



























No hay comentarios:

Publicar un comentario