miércoles, 31 de octubre de 2018

viernes, 19 de octubre de 2018

Venres, día da froita...UVAS!

"Outono entrante, uvas abundantes" 

Cando chegamos o cabalete tiña algo diferente... un cadro dunhas uvas! 
                                                 

De quen sería o cadro? aquí abaixo hai algo...unha firma! a ver de quen é...

"O acio de uvas" de MARUJA MALLO!
Descubrimos que ten unha firma mooooi orixinal coa que asina todos os seus cadros.



Na clase esperábanos outra sorpresa... uvas de verdade!!

Venres de froita... este venres... uvas! 





 Cheirámola: que ben arrecende...



Observámola: é redondiña, morada, escura e algo pequena... 

 
Escoitámola: non fai ruído, pero si a apertamos un pouquiño si! para escoitar isto é preciso estar moi, moi concentrado e calado...


Tocámola: é moi lisa, e... que suave!

E por fin... saboreámola! Sabe doce.... 



Boísimas!😋



























martes, 9 de octubre de 2018

Pintar e... crear!

Nunha clase con nome de pintora, non podía ser doutra maneira, e por eso estaba todo disposto e preparado para facer unha sesión creativa: cabalete, paleta e pinceis. 




Con moito entusiasmo e ilusión puxémonos mans á obra... e nunca mellor dito!!!! pois fixemos unha verdadeira obra de arte! 



 










E... ta-chán!!!!!!! 
Verdadeiramente.... espectacularrrrr!!!!!!


Decidimos darlle unha función "especial" a este noso primeiro cadro, así que o transformamos nas letras do nome de Maruja Mallo e rotulamos así a nosa porta. 

                        
Xa non hai dúbidas para quen pase polo noso corredor... quen somos?
A clase: "MARUJA MALLO".

lunes, 8 de octubre de 2018

Comezamos! 4 anos B - MARUJA MALLO.


Pasou o verán e volvemos ó cole! Xa estamos aquí preparados e listos para emprender un ano cheo de cousas novas: aventuras, momentos compartidos, desafíos... 
Atrás deixamos a clase de 3 anos, e con ela tamén unha parte de nós!
Mudámonos para o piso dos maiores... xa temos 4 anos!

Temos que contarvos que foi un comezo... con sorpresa!😃👏


  

Sabedes que a nosa clase de 4 anos B este ano ten nome propio?


Un nome de muller:

MARUJA MALLO



Custounos un pouco ordenar o contexto, saber que significaba aquelo co que nos atopamos ó chegar (botes de pintura, paleta de cores, cabalete, pinceis...) pero coa axuda da bruxa PELUXA, a nosa mascota deste curso, que nos deixou unhas instruccións a seguir, foi máis doado do que parecía!

Transcribimos entre todos letra a letra dende o cartel da porta ó encerado. Despois, coa axuda da mestra lémolo. E dende alí, transcribímolo  unha vez máis ó ordenador para poñerlle cara... 




M- A - R - U - J - A     M- A -L -L -O... 
unha pintora galega moi importante totalmente descoñecida para nós:
o reto está servido!