"O outono chegou,
séntese no aire,
e as folliñas
comezan o baile (...)
A paisaxe cambia,
o outono comeza,
disfrutemos xuntos
da súa beleza."
Pois o outono chegou...e nós chegamos tamén ó blog!
con algo de retraso... pero aquí estamos!
Aquecemento feito... arrancamos!
Aquí vos deixamos as follas que fixemos entre todos/as para decorar o corredor da biblioteca.
Unhas follas de outono nada convencionais:
son coloridas, alegres e cheas de palabras, as que a cada un de nós, nos pareceron máis "bonitas"...